Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
1 maio 2012
Séguenos en Twitter Séguenos en:
Coa educación e a sanidade non se xoga. Queren acabar con todo

CCOO e UGT mobilizaranse o día 29 de abril e o Primeiro de Maio en defensa do emprego e dos servizos públicos

24.04.2012.

CCOO e UGT chaman a cidadanía a mobilizarse «masivamente» o día 29 de abril en defensa da sanidade e a educación públicas, e no Primeiro de Maio en defensa do emprego digno e con dereitos.

CCOO presenta o seu posicionamento sobre o plan de axuste do Concello de Xinzo

25.04.2012.

CCOO opta pola negociación da reducción de custos e oponse frontalmente ao ERE de extinción

Rolda de prensa

Os sindicatos da CRTVG reproban o expediente informativo aberto pola Dirección da compañía

11.04.2012.

11.04.2012.- Os sindicatos da CRTVG reprobaron esta mañá nunha conferencia de prensa unitaria o expediente informativo aberto pola Dirección da compañía a raíz da protesta que tivo lugar a finais do mes pasado, cando un cento de afectados polas participacións preferentes irromperon nas instalacións do ente público.

Manifestación de A Coruña

300.000 persoas puxéronlle a guinda a unha xornada de folga seguida por máis do 90% das traballadoras e traballadores de Galicia

03.04.2012.

29-3-2012.- 300.000 persoas mobilizáronse hoxe con UGT e CCOO en diferentes manifestacións e concentracións polas principais vilas e cidades de Galicia. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un "día histórico", pois a folga xeral que convocaron as dúas organizacións acadou un seguimento do 90%.

Manifestación de A Coruña

Seguimento masivo das manifestacións contra a reforma laboral nas cidades e vilas galegas

12.03.2012.

11-3-2012.- Máis de 150.000 persoas, convocadas polo S.N. de CCOO de Galicia e UGT-Galicia, ateigaron as rúas da Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Burela, Ourense, Pontevedra, Arousa e Vigo para rexeitar e denunciar a reforma laboral imposta polo Goberno, e xa convalidada no Congreso este xoves polo PP co apoio de CiU, UPN e FAC. Estas manifestacións e concentracións encádranse no calendario de mobilizacións que ambos sindicatos abriron o pasado día 19 de febreiro, continuaron o día 29, o día de hoxe para chegar o 29 de marzo á folga xeral.

10 de marzo - Día da Clase Obreira Galega

10 de marzo, DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

06.03.2012.

06-03-2012.- Manifesto de CCOO sobre o 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega

En defensa dos servizos públicos. Non ao recorte de dereitos

Miles de empregados do sector público de Galicia protestan ante o Parlamento contra a Lei de Medidas no emprego público de Galicia

28.02.2012.

28-02-2012.- 20 sindicalistas foron desaloxados do hemiciclo ao amosar pancartas contra esta lei e son identificados ao sair.

Multitudinarias manifestacións contra a reforma laboral en Galicia

Máis de 140.000 persoas manifestáronse xunto a UGT e CCOO contra a reforma laboral, a «maior agresión do período democrático» aos dereitos da clase traballadora

19.02.2012.

19-2-2012.- Os sindicatos convocantes, CCOO e UGT, sinalan que tras «resposta masiva» da cidadanía «o Executivo debe rectificar ou volveremos saír ás rúas».

CCOO denuncia «imprevisión, improvisación, irresponsabilidade e incompetencia» de Medio Rural na xestión da loita contra incendios

03.04.2012.

2-4-2012.- Comisións Obreiras (CCOO) denuncia «imprevisión, improvisación, irresponsabilidade e incompetencia» da Consellaría do Medio Rural na xestión da loita contra os incendios forestais, que ten como principal expoñente o «caos» que se está a vivir nos últimos días.

NOVO TRÁXICO ACCIDENTE LABORAL MORTAL NO SPDCIF

27.03.2012.

27-03-2012.-CCOO esixe unha investigación inmediata, áxil e rigorosa do tráxico accidente laboral acontecido hoxe durante os traballos de loita contra os incendios forestais en Piornedo (Castrelo do Val - Ourense) ao tempo que amosa publicamente as súas condolencias, solidariedade e afecto coa familia do traballador falecido.

Toxo denuncia que estase tentando "axitar o medo" para que non se secunde a folga

15.03.2012.

15-03-2012. O secretario xeral de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, advertiu esta mañá que estase axitando o medo para que a xente non participe na folga, ao tempo que lembrou que "o PP é o único partido do país que tivo que cambiar amplamente unha reforma tras unha folga xeral".

O Consello Confederal de CCOO aprobou por unanimidade a convocatoria de Folga

CCOO acorda convocar xunto a UGT folga xeral para o vindeiro 29 de marzo

12.03.2012.

9-3-2012.- O Consello Confederal de CCOO decidiu por unanimidade convocar unha folga xeral xunto con UGT para o vindeiro 29 de marzo contra a reforma laboral e en defensa dos servizos públicos.

Contra os recortes de Feijoo

Os traballadores e traballadoras do sector público de Galicia concentranse contra a Lei de medidas no emprego público de Galicia e en defensa dos servizos públicos e de calidade

05.03.2012.

05.03.2012.- Mañá, martes 6 de marzo, CCOO, CIG, UGT, CSIF, SAE, SATSE e USO convocan concentracións nos complexos hospitalarios, edificios administrativos e xuzgados de Galicia a partires das 11:30 horas

Instante da conferencia de prensa

CCOO sofre as consecuencias da «irresponsabilidade» das autoridades municipais de Vigo

22.02.2012.

21-2-2012.- Os secretarios xerais da Unión Comarcal de Vigo e da Federación de Servizos á Cidadanía, así como a responsable da Sección Sindical de CCOO no Concello de Vigo deron unha conferencia de prensa este mediodía. Denunciaron os «graves feitos» ocorridos onte no local da sección sindical de Comisións Obreiras no Concello e, posteriormente, nas inmediacións da sede comarcal, no polígono de Navia.

Concentración nos accesos ao aeroporto

Traballadores e traballadoras de Spanair e Newco manifestanse no aeroporto de Santiago en defensa dos seus postos de traballo

04.02.2012.

03.02.2012.- Dende o anuncio do peche da compañía o persoal destas compañías están a realizar concentracións nos aeroportos galegos todos os días ás 12:00 horas.