Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
Banner

xoves 19 de xaneiro de 2012

¿Eres bolseiro ou bolseira? ¡Coñece os teus dereitos!

19.01.2012.- Xóvenes CCOO editou un folleto que recolle as diferentes modalidades de bolsas e a súa regulación, tratando de alertar de aqueles casos nos que este tipo de prácticas formativas convírtese nun xeito fraudulento de contratación. Nel, asimesmo, informase do novo dereito a cotización dos bolseiros e bolseiras.

O material -que podes descargar en formato PDF ou ler na web e que tamén repartirase en universidades e centros de traballo- detalla a nova regulación do dereito á cotización dos xóvenes becarios e becarias. E é que, a partires da reforma de pensións de 2011 e gracias á negociación sindical, as persoas que participen, ou o fixeran, nalgún tipo de bolsa que cumpra unha serie de requisitos mínimos cotizarán por estes períodos a efectos de xubilación e protección social, co que verán mellorada a súa carreira de cotización.

Ademais, o folleto editado por Xóvenes CCOO advirte dunha práctica cada vez mais extendida: o uso fraudulento de bolsas por parte das empresas para dispoñer de traballadores e traballadoras sin dereitos que en realidade deberían estar contratados.

No texto explícase, asimesmo, a posición de Xóvenes CCOO con respecto ás bolsas e á súa función: unha persoa titulada debe ser contratada; unha persoa realizando prácticas debe ser formada.

¿Eres bolseiro ou bolseira? ¡Coñece os teus dereitos!

xoves 19 de xaneiro de 2012

Ligazóns de interese relacionadas

Folleto da campaña
Páxina web da secretaría de xuventude de CCOO

Áreas temáticas relacionadas

Actualidade - Sindical - Actualidad
Actualidade - Emprego - Actualidad

Zona de afiliadosAfiliate a CCOO
Webs territoriales
Acceso convenios.
FSC-Estatal
A resignación non é unha opción, LOITA
Enlace ISTAS
Resumo Prensa diaria.
Fainos chegar as túas consultas sociolaborais
GALICIA SINDICAL
Marcelino
XUNTA DE GALICIA
5º CONVENIO COLECTIVO PERSOAL LABORAL XUNTA DE GALICIA
tribuna dos servizos á cidadanía
Trabajadora
buscador oposicións
manual