Comisiones Obreras - FSC Galicia

Comisiones Obreras - FSC Galicia
Traballo decente

xoves 12 de xullo de 2012

CCOO e UGT propoñen unha xornada de manifestacións en todo o Estado o 19 de xullo

  • Anuncian que non pararán de mobilizarse contra os recortes do Goberno que afectan as persoas en paro, aos empregados públicos e aos pensionistas, e que xeran máis desemprego e recesión económica

As direccións executivas confederais de CCOO e UGT mantiveron á primeira hora da tarde unha reunión para analizar o novo plan de recortes anunciado polo presidente do Goberno e que afecta os sectores máis débiles da sociedade, incidindo negativamente sobre as rendas medias e baixas, sen que unha soa das medidas aprobadas implique esforzo ningún para as empresas e rendas máis altas. Todo o contrario: poderanse beneficiar, entre outras, dunha baixada de cotizacións sociais de dous puntos.

Despois de repasar cada unha das medidas aprobadas polo Goberno, UGT e CCOO decidiron:

— Facer un chamamento á sociedade civil e aos seus sectores máis dinámicos para compartir a convocatoria de manifestacións masivas que terán lugar en todo o Estado o xoves, 19 de xullo.

— Despregar unha intensa axenda de contactos e reunións co tecido social e cultural organizado e, en primeiro lugar, coa Plataforma para a Defensa do Estado do Benestar e os Servizos Públicos, para procurar comprometer o maior número de persoas e colectivos na resposta ao plan de recortes do Goberno.

— Rexeitar enerxicamente o novo ataque aos dereitos e prestacións de persoas en paro, empregados públicos e pensionistas que, xunto á forte suba do ive, provocarán unha caída do consumo e, polo tanto, menor actividade económica e maior destrución de emprego.

— Ratificar a estratexia de mobilización sostida contra os recortes decidida xa hai uns meses polos sindicatos e que coñecerá no outono unha expresión máis firme e contundente. Neste sentido, CCOO e UGT, ante o que consideran unha auténtica fraude política do Executivo —gobernan cun programa que non presentaron ás eleccións—, reiteran a súa vontade de celebrar nos próximos meses unha consulta á cidadanía para que esta se pronuncie sobre os recortes sociais e laborais.

— Por último, UGT e CCOO advirten do perigoso camiño elixido polo Goberno de recorrer cada vez con máis frecuencia a discursos corporativos cheos de acenos autoritarios e baleiros de democracia, que contribúen á deterioración crecente das institucións democráticas.



CCOO e UGT propoñen unha xornada de manifestacións en todo o Estado o 19 de xullo

xoves 12 de xullo de 2012

  • Zona de afiliados
  • Afiliate a CCOO
Webs territoriales
  • Abre acceso ós Blogs dos Sectores da FSC-Galicia.
  • FSC-Estatal
  • Campaña recollida sinaturas "A folga non é delito"
    • Recollida sinaturas petición Indulto para Tamara e Ana
    • Enlace ISTAS
  • Formación contínua.
  • Acceso convenios.
  • Resumo Prensa diaria.
  • Seguros Atlantis
  • Gaceta sindical
  • GALICIA SINDICAL
    • Guía "A violencia de xénero contra as mulleres".
    • Revista Trabajadora.
  • tribuna dos servizos á cidadanía
  • FOREM Galicia.
  • Queres ser delegado de CCOO.
    • Fundación Paz e Solidariedade.
    • Fundación 10 de Marzo.
  • Marcelino
  • Guia do delegado das AA.PP.
  • Convenio colaboración coa Academia ADAMS